NORMAS ORTOGRÁFICAS LIBRO DE GALEGO
Tema 1
A sílaba é un grupo de sons que se pronuncia nun só golpe de voz.
Ex: morcego: mor-ce-go.
A sílaba que se pronuncia máis forte chámase sílaba tónica. As demais sílabas chámanse sílabas átonas.
Ex: morcego. –ce- é a sílaba tónica, mor- e –go son as sílabas átonas.
Tema 2
Un ditongo é a unión de dúas vogais que se pronuncian na mesma sílaba.
Nun ditongo pódense unir dúas vogais débiles: i , u, ou unha vogal débil (i, u) cunha vogal forte (a, e, o). Ex: miúdo, froita, avión, Paula
As vogais a, e, o combinadas entre elas non forman ditongo.
Tema 3,4, 5 e 6
A sílaba tónica é a sílaba que se pronuncia con maior forza nunha palabra.
Segundo o lugar que ocupa a sílaba tónica, as palabras poden ser agudas, graves, esdrúxulas ou sobresdrúxulas.
- A sílaba tónica das palabras agudas é a última sílaba. Ex: explosión
- A sílaba tónica das palabras graves é a penúltima sílaba. Ex: maracas.
- A sílaba tónica das palabras esdrúxulas é a antepenúltima sílaba.Ex: bolígrafo.
- A sílaba tónica das palabras sobresdrúxulas é a anterior a antepenúltima sílaba. Ex: estúdatelo.
A sílaba tónica das palabras agudas é a última sílaba.
F As palabras agudas levan til (´) cando rematan en vogal, en –n, ou en –s.
Ex: parchís, acordeón, iglú, perdiz.
A sílaba tónica das palabras graves é a penúltima sílaba.
F As palabras graves levan til (´) cando rematan nunha consoante distinta de –n ou –s.
Ex: nenúfar, cóndor, castañetas.
A sílaba tónica das palabras esdrúxulas é a antepenúltima sílaba.
F As palabras esdrúxulas levan sempre til. Ex: micrófono, plátano, termómetro.
A sílaba tónica das palabras sobresdrúxulas é a antes da antepenúltima sílaba.
F As palabras sobresdrúxulas levan sempre til. Ex:págallelo, cómellelo.
Tema 7
Palabras con es- e ex_
Escríbense con es-:escavadora, espremedor, escada, escarola, estraño, estender, espiar, escusa, escaso, etc.
Escríbense con ex: extintor, extractor, excursionista, excelente, exterior, extremidades, explicar, etc.
Tema 8
As preposicións a, de, con, en e por únense coas formas do artigo o, a , os, as e dan lugar ás contraccións do artigo.
| O | A | OS | AS |
A | Ao ( ó ) | á | Aos (ós) | Ás |
DE | Do | Da | dos | Das |
CON | co | coa | cos | Coas |
EN | No | na | nos | Nas |
POR | polo | pola | polos | polas |
Tema 9
Escríbense con b:
- Os verbos rematados en –buír e –bir agás vir, vivir, ouvir e servir.
- As formas verbais do pasado rematadas en –aba.
- Diante de r e l.
- As palabras que comezan por bu-, bur- e bus- agás vulto e vurullo.
Tema 10
Escríbense con v:
- Os adxectivos rematados en –avo/a, -ivo/a, -evo/a, -ovo, -ave, -ívoro/a. Ex: octavo, activo, trevo, novo, carnívoro, etc.
- Os verbos vir, vivir, servir e ouvir.
- Os verbos ver, mover e volver.
- Os verbos rematados en –servar. Ex: conservar, preservar, etc.
- O nome dos números. Ex: vinte, nove, etc.
Tema 11
Escríbense con h:
- As palabras que comezan por hemi-, hiper-, hipo-, hecto-. Ex: hemisferio, hipermercado, hipopótamo, hectogramo, etc.
- As formas do verbo haber. Ex: houbo, había, hai, etc.
Tema 12
Empregamos a raia:
- Para sinalar as intervencións dos personaxes dun diálogo.
- Para separar as aclaracións do narrador das palabras do personaxe que fala.
Tema 13
As palabras homófonas son as que pronunciamos da mesma maneira, pero teñen ortografía e significado diferentes. Algunhas palabras homófonas son:
Baca: soporte do coche.
Rabo: cola.
Abanos: utensilio para dar aire.
Botar: lanzar, expulsar, tirar, por exemplo un balón.
Bela: fermosa.
Boa: serpe, de calidade excelente.
Ora: palabra que expresa dúas posibilidades.
Rebelou: sublevarse, opoñerse, enfrontarse.
Vaca: animal.
Ravo: planta.
Habanos: cigarros, puros.
Votar: expresar a opinión mediante un sistema de votos.
Vela: peza de tea que nos barcos recolle o barco para navegar.
Voa: do verbo voar.
Hora: cada unha das vinte e catro partes iguais en que se divide o día.
Revelou: descubrir algo oculto. Facer que unha imaxe impresa nunha placa fotográfica sexa visible.
Balor: mofo.
Bago: Cada un dos grans de que consta un acio de uvas.
Vate: profeta, poeta.
Ai: exclamación.
Valor: ten importancia ou utilidade. Coraxe, valentía.
Vago: folgazán.
Bate: pau de madeira que se utiliza no béisbol.
Hai: verbo haber.
Tema 14
- Usamos por que nas preguntas. Ex: Por que non quedas co libro?.
- Usamos porque nas respostas. Ex: Porque non me gusta.
- Usamos porqué se o podemos substituír po causa ou motivo. Ex: Ela explicoume o porqué da súa resposta.
Tema 15
Repaso das normas de acentuación, repasar a ortografía dos temas 3, 4, 5 e 6.
OUTRAS NORMAS ORTOGRÁFICAS IMPORTANTES
O punto
- Sinala a fin dunha oración.
- Hai tres tipos de punto: punto e seguido, punto e á parte e punto e final.
A coma
- Sinala unha pequena pausa na oración.
- Emprégase para separar os elementos dunha enumeración.
- Emprégase para facer unha aclaración dentro dunha oración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario