Galego

VOCABULARIO TEMA 1

Afastou: separouse de algo ou de alguén.
Descifrar: descubrir o significado de algo.
Regos: pequenos sucos por onde corre a auga.
Cativo: neno, mozo.
Piñeiral: conxunto de piñeiros.
Abondo: suficiente.
Abraio: impresión de admiración, estrañeza ou sorpresa que produce algo inesperado, inusual, etc.


Para que puedas ir estudiando, aquí tienes el guion del primer examen


GUION CONTROL TEMA 1

·         Vocabulario do tema 1.
·         Ditado da norma ortográfica dada no tema.
·         Que son os xentilicios? Saber escribir o xentilicio dun lugar (exercicios páx 9)
·         Que é unha sílaba? Páx 10.
·         Que é un ditongo? Páx 10.
·         Saber separar as palabras en sílabas e rodear os ditongos. Páx. 10
·         Clasificar as palabras segundo o seu número de sílabas. Páx 10.
·         A comunicación e as linguas. Páx 11.
      Tipos de comunicación e elementos da comunicación. Páx 11.
·         Que se debe explicar para escribir ben unha anécdota? Páx 13
·         Saber escribir unha anécdota sen esquecer ningunha das súas partes. Páx 13.
·         Cando e onde se celebran as festas do Apóstolo? Páx 15.

VOCABULARIO TEMA 2  
    En troques: pola contra
      Veludo: tecido moi suave.
      Encol: encima.
      Candeas: obxectos de cera cunha corda polo medio que se acende e da luz.
      Amodo: lentamente.
      A carón: ao lado.

 VOCABULARIO TEMA 3 


   Plena: máxima, completa.
   Infancia: periodo da vida que vai desde o nacemento ata a adolescencia.
   Trazos: características da cara dunha persoa.
   Medar: crecer.
   Entrementres: mentres tanto.
   "Cáeme a baba": ter debilidade por unha persoa.
   Xornal: periódico.

GUION CONTROL TEMA 2 E 3 


GUION CONTROL TEMAS 2 E 3
1.       Vocabulario temas 2 e 3.
2.       Que son as palabras derivadas e primitivas? De que está formada unha familia de palabras? Páx 23.
3.       Que é a sílaba tónica e átona? Páx 24.
4.       Saber rodear nunha palabra a súa sílaba tónica. Páx 24.
5.       Clasificar as palabras en agudas, graves e esdrúxulas. Páx 25.
6.       Que é un enunciado e cales son os seus tipos? Páx 26.
7.       Como poden ser os enunciados segundo a intención do falante? Páx 26.
8.       Clasificar diferentes enunciados nos seus tipos. Páx 26.
9.       En que temos que fixarnos para resumir un texto? Páx 27.
10.   Que son as cancións populares? Páx 29.
11.   Que son os sinónimos e contrarios? Saber escribir sinónimos e contrarios de diferentes palabras. Páx 37.
12.   Que son as palabras agudas e cando se acentúan? Páx 38.
13.   Saber cales son as partes da oración. Páx 40.
14.   Que teño que escribir para describir unha persoa? Saber facer unha descrición. Páx 41.
15.   Ditado das normas ortográficas dadas nos temas 1,2 e 3. 


 GUION CONTROL TEMA 4 e Ortografía 


  1. Vocabulario tema 4.
  2. Que son as palabras polisémicas? Páx 51
  3. Saber o significado das palabras polisémicas dos exercicios feitos na clase. Páx 51 e 58.
  4. Cando unha palabra é grave? Cando levan til as palabras graves? Páx 52.
  5. Saber recoñecer as palabras graves e poñerlle til se o precisan. Páx 52.
  6. Que é un substantivo? Que tipos hai? Páx 54.
  7. Saber dicir de que tipo son algúns substantivos. Páx 54 e 58.
  8. Que temos que escribir para facer unha receita? Páx 55.
  9. Saber o significado das expresións do exercicio 2 da páx 57.

ORTOGRAFÍA TEMAS 1 ao 5

  1. Estudar as normas ortográficas 4º EP da carpeta de apuntes dende o tema 1 ao 5.
  2. Ditado das normas ortográficas dadas.

     
    GUION CONTROL TEMA 5 GALEGO
    1. Vocabulario tema 5.
    2. Que é un campo semántico? Saber colocar diferentes palabras nos seus campos semánticos .Páx 65
    3. Que xéneros poden ter os substantivos? Como se pode formar o feminino dos substantivos? Páx 68
    4. Saber identificar o xénero de diferentes substantivos e formalo. Páx 68
    5. Que número poden ter os substantivos? Como se pode formar o plural dos substantivos? Páx 68.
    6. Saber formar o plural de diferentes substantivos. Páx 68
    7. Que son as palabras esdrúxulas e cando se acentúan? Páx 66
    8. De que está formado un texto teatral? Páx 69
    9. Quenes son as meigas? Páx 71.
    10. Repaso: as palabras agudas, graves e esdrúxulas; o suxeito o predicado, saber qué son e identificalos en oracións.
    11. Ditado das normas ortográficas dadas.


GUION CONTROL TEMA 8 E ORTOGRAFÍA
1.    Vocabulario tema 8.
2.    Que son os sufixos? Saber formar palabras cos sufixos –eiro, -eira, -ista, -dor e –dora. Exercicios da páx 115.
3.    Norma ortográfica das palabras que se escriben con h. Páx 116.
4.    Que son e cales son os  determinantes demostrativos? Saber distinguir determinantes demostrativos en oracións e escribir a distancia que indican. Páx 118 e carpeta de apuntes
5.    Que son e cales son os determinantes posesivos? Saber distinguir determinantes posesivos en oracións. Páx 118 e carpeta de apuntes
6.    Que debemos explicar para describir o personaxe dun conto? Saber describir o personaxe dun conto que coñezamos. Páx 119.
7.    Que son as lendas? Páx 121
8.    Ditado das normas ortográficas dadas.
9.    Repaso: que é un diptongo e como se forma?

ORTOGRAFÍA TEMAS 1 ao 8

  1. Estudar as normas ortográficas 4º EP da carpeta de apuntes dende o tema 1 ao 8.
  2. Ditado das normas ortográficas dadas.



    GUION CONTROL TEMAS 9 E 10

    1.            Vocabulario temas 9 e 10.

    2.            Para que se engaden os sufixos –oso, -osa, -ivo, -iva e –able? Saber exemplos de adxectivos formados por estes sufixos. Páx 129
    3.            Coñecer as palabras dos exercicios feitos na clase que se escriben con ll ou con i. Páx 130 e 131.
    4.            Que indican os determinantes numerais e indefinidos? Páx 132.
    5.            Saber identificar en oracións os determinantes numerais e indefinidos e indicar os seus tipos. Páx 132.
    6.            Quen forma a rima dunha poesía? Páx 133.
    7.            Que son as palabras homófonas?Páx 143.
    8.            Saber o significado das palabras homófonas que copiamos na clase e colocalas adecuadamente en oracións. Páx 143 e recadro da libreta
    9.            Saber coclocar s ou x en diferentes palabras segundo corresponda co seu significado. Páx 144.
    10.         Que son e cales son os pronomes persoais? Páx 146.
    11.         Identificar os pronomes persoais que aparezan en oracións e saber cal é o seu número e persoa. Páx 146.
    12.         Que é necesario para escribir un anuncio? Páx 147.
    13.         Que son as anotacións dunha obra de teatro e acomo aparecen escritas? Páx 149.
    Ditado das normas ortográficas dadas
     
    GUION CONTROL TEMAS 11 E 12


    1. Vocabulario temas 11 e 12
    2. Que é unha frase feita? Saberol significado das frases feitas que dimos nos exercicios da clase. Páx. 167.
    3. Que son os verbos? Subliñar verbos en oracións e indicar o seu número e persoa. Páx 170.
    4. Ortografía: cando usamos porque, por que e porqué? Saber coclocalos correctamente en oracións. Páx 168
    5. Que é necesario para escribir un aviso? Saber escribir correctamente un aviso . Páx 171.
    6. Que é a muiñeira? E as historias fantásticas? Páx 173 e 187
    7. ¿Qué son las palabras compostas? Saber dicir que palabras simples forman algunhas palabras compostas. Páx 181.
    8. O verbo e os seus tempos. Saber identificar en qué tempo están as diferentes formas verbais dunhas oracións. Pág 184.
    9. Como debemos escribir unha carta formal? Saber escribir correctamente unha. Páx 185.
    10. Os verbos rematados en –ver e –ber. Saber colocar correctamente a b ou v en diferentes verbos. Páx 182.
    11. Repaso: os determinantes demostrativos, que son e cales son as súas formas?
    12. Dictado de las normas ortográficas dadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario