Aquí podedes atopar os apuntes das preguntas que estran nos exames dos temas para que comprobedes que non vos fata nada para estudar.
1. Que é o pecado orixinal?
O pecado orixinal é o primeiro pecado da humanidade que cometeron Adán e Eva.
2. Para que nos creou Deus ?
Deus creounos para compartir con nós a vida e o seu amor.
3. Que fixo Deus por nós?
Deus preparounos un lugar marabilloso para vivir e deunos a vida.
4. En que consiste a tarefa de vivir?
A tarefa de vivir consiste en amar a Deus e en tratarnos como irmáns.
Como sabemos que Deus non nos abandonou?
Porque decidiu enviar ao mundo a Xesús, o seu Fillo.
Cal é o exemplo que debemos seguir na tarefa de vivir?
Xesús é o exemplo que nos axuda cada día na tarefa de vivir. Para elixir ben, o mellor é seguir a Xesús.
En que consiste vivir como fillos de Deus?
Vivir como fillos e fillas de Deus consiste en amar a Deus e en tratarnos uns a outros como irmáns.
Para o control do venres 11 hai que estudar estas sete preguntas do tema e a historia de Adán e Eva que está nas páxinas 10 e 11 do libro.
A tarefa de vivir consiste en amar a Deus e en tratarnos como irmáns.
Como sabemos que Deus non nos abandonou?
Porque decidiu enviar ao mundo a Xesús, o seu Fillo.
Cal é o exemplo que debemos seguir na tarefa de vivir?
Xesús é o exemplo que nos axuda cada día na tarefa de vivir. Para elixir ben, o mellor é seguir a Xesús.
En que consiste vivir como fillos de Deus?
Vivir como fillos e fillas de Deus consiste en amar a Deus e en tratarnos uns a outros como irmáns.
Para o control do venres 11 hai que estudar estas sete preguntas do tema e a historia de Adán e Eva que está nas páxinas 10 e 11 do libro.
PREGUNTAS TEMA
2 RELIXIÓN
1.
Que
nos conta a Biblia no seu libro do Éxodo?
A Biblia
cóntanos no seu libro do Éxodo como Deus salvou ao seu pobo da escravitude por
medio de Moisés.
2.
Que
significa a palabra Éxodo?
Significa
saída, liberación. Emigración dun pobo.
3.
Que
nos descobre o relato do Éxodo sobre Deus?
A
historia do relato do Éxodo descóbrenos tres cousas importantes sobre Deus:
·
Deus
quérenos, escóitanos e nunca nos deixa sós.
·
Deus
quere que vivamos felices, non quere o sufrimento nin a dor das persoas.
·
Deus
intervén na historia mediante as persoas para salvarnos.
PREGUNTAS
TEMA 5
- Que significa evanxeo?
Evanxeo significa boa nova.
- Por que os catro evanxeos se chaman así?
Os catro evanxeos chámanse así
porque contan por escrito a boa noticia de Xesús, as súas palabras
e os seus feitos.
- Quenes son os evanxelistas?
Os evanxelistas son as persoas
que escribiron os evanxeos.
- Por que dicimos que os evanxeos son Palabra de Deus?
Porque todo o que está escrito
nos catro evanxeos é Deus quen o di.
- Cales son os catro evanxeos?
Os evanxeos coñécense polo nome
das persoas que o escribiron: Evanxeo de san Mateo, Evanxeo de san
Marcos, Evanxeo de san Lucas e Evanxeo de san Xoán.
- Que se conta en cada evanxeo?
Evanxeo de san Mateo: comeza
cunha lista de antepasados de Xesús, para dar a entender que Xesús
é Deus e home.
Evanxeo
de san Marcos: conta que Xesús é o Fillo de Deus.
Evanxeo de san Lucas: resalta o
amor e a tenrura de Deus que revela Xesús.
Evanxeo de san Xoán: proclama
que Xesús é o Mesías.
- Onde están escritos os evanxeos?
Os evanxeos forman parte da
Biblia, encóntranse no Novo Testamento.
- Cando len os cristiáns os evanxeos?
Os cristiáns lemos os evanxeos
en diferentes ocasións e lugares, sós ou con outros cristiáns nas
celebracións relixiosas.
PREGUNTAS TEMA 6 RELIXIÓN
1. Quen é un samaritano?
É unha persoa natural de Samaria, unha rexión do norte de Xerusalén cuxos habitantes eran desprezados polos xudeus e considerados estranxeiros.
2. A quen chamamos próximo?
A calquera persoa.
3. En que consiste amar ao próximo?
Amar ao próximo cansiste en tratar aos demais co mesmo amor co que Deus nos ama a nós.
4.Como demostraba Xesús o seu amor por Deus?
- Chamaba a Deus Abba que significa "papaíño", e confiaba plenamente nel.
- Falaba de Deus co repecto e co cariño co que un fillo fala dos seus pais.
- Desexaba facer sempre a vontade de Deus.
-Rezaba a diario para falar con Deus e estar con el.
-Loaba a Deus na oración, pedíalle fortaleza e dáballe grazas.
5. Como nos ensinou Xesús a falar con Deus?
A través da oración do nosopai.
6.
Para que serven os mandamentos da lei de Deus?
Os
mandamentos da lei de Deus serven para sinalarnos o camiño para amar
a Deus, o próximo e vivir en paz con todos.
7.
Cales son os mandamentos?
- Amarás a Deus sobre todas as cousas.
- Non tomarás o nome de Deus en van.
- Santificarás as festas.
- Honrarás o teu pai e a túa nai.
- Non matarás.
- Non cometerás actos impuros.
- Non roubarás.
- Non dirás falso testemuño nin mentirás.
- Non consentirás pensamentos nin desexos impuros.
- Non cobizarás os bens alleos.
8.
En que se resumen os dez mandamentos?
Os
dez mandamentos da lei de Deus resúmense en dous: “Amarás a Deus
sobre todas as cousas e o próximo como a ti mesmo”.
PREGUNTAS
TEMA 9 RELIGIÓN
1.
Que narra o Libro dos Feitos dos apóstolos?
O
Libro dos Feitos dos apóstolos narra como os apóstolos, despois do día de
Pentecoste, comezaron a anunciar o evanxeo de Xesús.
2.
Como estamos unidos a Xesús os cristiáns?
Estamos
unidos a Xesús pola mesma fe, polo mesmo bautismo e polo mesmo amor.
3.
Quenes son os membros da Igrexa?
Todos
os bautizados e bautizadas.
4.
Quenes son os laicos?
Son
a inmensa maioría dos cristiáns. Participan na eucaristía, na catequese,
atenden os necesitados…
5.
Quenes son os sacerdotes?
Son
cristiáns varóns que recibiron o Sacramento da Orde e son os encargados de
administrar os sacramentos.
6.
Quenes son os relixiosos e relixiosas?
Son
homes e mulleres que o deixan todo para seguir a Xesús.
7.
Que é a confirmación?
É o
sacramento que fortalece e fai crecer a fe que se recibe no bautismo.
8.
Quen administra o sacramento da confirmación?
Adminístrao
o bispo.
9.
Que lle ocorre á persoa que se confirma?
Esta
persoa recibe a forza do Espírito Santo para ser testemuña de Xesús e anunciar
o evanxeo con palabras e obras como fixo el.