martes, 29 de noviembre de 2011

Apuntes Galego 4º E.P.

NORMAS ORTOGRÁFICAS LIBRO DE  GALEGO


Tema 1

A sílaba é un grupo de sons que se pronuncia nun só golpe de voz.
Ex: morcego: mor-ce-go.
A sílaba que se pronuncia máis forte chámase sílaba tónica. As demais sílabas chámanse sílabas átonas.
Ex: morcego. –ce- é a sílaba tónica, mor- e –go son as sílabas átonas.


Tema 2
Un ditongo é a unión de  dúas vogais que se pronuncian na mesma sílaba.
Nun ditongo  pódense unir dúas vogais débiles:  i ,  u, ou unha  vogal débil (i, u) cunha  vogal forte (a, e, o).    Ex: miúdo,    froita,  avión,  Paula
As vogais a, e, o combinadas entre elas non forman ditongo.


Tema 3,4, 5 e 6
A sílaba tónica é a sílaba que se pronuncia con maior forza nunha palabra.
Segundo o lugar que ocupa a sílaba tónica, as palabras poden ser agudas, graves, esdrúxulas ou sobresdrúxulas.
  • A sílaba tónica das palabras agudas é a última sílaba. Ex: explosión
  • A sílaba tónica das palabras graves é a penúltima sílaba. Ex: maracas.
  • A sílaba tónica das palabras esdrúxulas é a  antepenúltima sílaba.Ex:  bografo.
  • A sílaba tónica das palabras sobresdrúxulas é a anterior a antepenúltima sílaba. Ex: esdatelo.

A sílaba tónica das palabras agudas é a última sílaba.

F As palabras agudas levan til (´) cando rematan en vogal, en –n, ou en –s.
Ex: parchís, acordeón, iglú, perdiz.

A sílaba tónica das palabras graves é a penúltima sílaba.
F As palabras graves levan til (´) cando rematan nunha consoante distinta de –n ou –s.
Ex: nefar,  cóndor, castañetas.

A sílaba tónica das palabras esdrúxulas é a antepenúltima sílaba.

F As palabras esdrúxulas levan sempre til. Ex: micrófono, plátano, termetro.

A sílaba tónica das palabras sobresdrúxulas é a  antes da antepenúltima sílaba.

F As palabras sobresdrúxulas levan sempre til. Ex:págallelo, cómellelo.


Tema 7

Palabras con es- e ex_


Escríbense con es-:escavadora, espremedor, escada, escarola, estraño, estender, espiar, escusa, escaso, etc.


Escríbense con ex: extintor, extractor, excursionista, excelente, exterior, extremidades, explicar, etc.


Tema 8
 As preposicións a, de, con, en  e  por  únense coas formas do artigo o, a , os, as e dan lugar ás contraccións do artigo.


O
A
OS
AS
A
Ao ( ó )
á
Aos (ós)
Ás
DE
Do
Da
dos
Das
CON
co
coa
cos
Coas
EN
No
na
nos
Nas
POR
polo
pola
polos
polas


Tema 9


Escríbense con b:
  • Os verbos rematados en –buír e –bir agás vir, vivir, ouvir e servir.
  • As formas verbais do pasado rematadas en –aba.
  • Diante de r e l.
  • As palabras que comezan por bu-, bur- e bus- agás vulto e vurullo.


Tema 10

Escríbense con v:
  • Os adxectivos rematados en –avo/a, -ivo/a, -evo/a, -ovo, -ave, -ívoro/a. Ex: octavo, activo, trevo, novo, carnívoro, etc.
  • Os verbos vir, vivir, servir e ouvir.
  • Os verbos ver, mover e volver.
  • Os verbos rematados en –servar. Ex: conservar, preservar, etc.
  • O nome dos números. Ex: vinte, nove, etc.

Tema 11

Escríbense con h:
  • As palabras que comezan por hemi-, hiper-, hipo-, hecto-. Ex: hemisferio, hipermercado, hipopótamo, hectogramo, etc. 
  • As formas do verbo haber. Ex: houbo, había, hai, etc.


Tema 12

Empregamos a raia:
  • Para sinalar as intervencións dos personaxes dun diálogo.
  • Para separar as aclaracións do narrador das palabras do personaxe que fala.



Tema 13


As palabras homófonas son as que pronunciamos da mesma maneira, pero teñen ortografía e significado diferentes. Algunhas palabras homófonas son:


Baca: soporte do coche.
Rabo: cola.
Abanos: utensilio para dar aire.
Botar: lanzar, expulsar, tirar, por exemplo un balón.
Bela: fermosa.

Boa: serpe, de calidade excelente.
Ora: palabra que expresa dúas posibilidades.

Rebelou: sublevarse, opoñerse, enfrontarse.




Vaca: animal.
Ravo: planta.
Habanos: cigarros, puros.
Votar: expresar a opinión mediante un sistema de votos.
Vela: peza de tea que nos barcos recolle o barco para navegar.
Voa: do verbo voar.
Hora: cada unha das vinte e catro partes iguais en que se divide o día.
Revelou: descubrir algo oculto. Facer que unha imaxe impresa nunha placa fotográfica sexa visible.

Balor: mofo.

Bago: Cada un dos grans de que consta un acio de uvas.
Vate: profeta, poeta.
Ai: exclamación.

Valor: ten importancia ou utilidade. Coraxe, valentía.
Vago: folgazán.

Bate: pau de madeira que se utiliza no béisbol.
Hai: verbo haber.


Tema 14

  • Usamos por que nas preguntas. Ex: Por que non quedas co libro?.
  • Usamos porque nas respostas. Ex: Porque non me gusta.
  • Usamos porqué se o podemos substituír po causa ou motivo. Ex: Ela explicoume o porqué da súa resposta.

Tema 15

Repaso das normas de acentuación, repasar a ortografía dos temas 3, 4, 5 e 6.

OUTRAS NORMAS ORTOGRÁFICAS IMPORTANTES

O punto

  • Sinala a fin dunha oración.
  • Hai tres tipos de punto: punto e seguido, punto e á parte e punto e final.

A coma

  • Sinala unha pequena pausa na oración.
  • Emprégase para separar os elementos dunha enumeración.
  • Emprégase para facer unha aclaración dentro dunha oración.